Asociación Cultural Acampa en Ons

A páxina Web poida que non a esteas vendo actualizada, e o que estás vendo neste momento sexa a última versión desta páxina almacenada no cache de Telefónica, un recurso desta compañía para que pareza que o seu ADSL vai máis rápido. Para forzar a carga da última versión da nosa páxina do servidor de Acampa en Ons,

Pulsa (CTRL+F5),

é dicir, a tecla CTRL e a continuación a tecla F5 nesta orde, mantendo pulsadas ambas as teclas á vez un segundo (Tardará máis tempo en verse a páxina, porque se está baixando todo de novo, pero merece a pena, se non queremos "ler o xornal atrasado").

Ao final da páxina de inicio indicamos a data e a hora da de subida da páxina que estas vendo.

Grazas pola vosa axuda e

¡¡ Forsa !!


   

V XORNADAS ACAMPAENONS


Estimad@s compañeir@s:

Estamos preparando as V Xornadas AcampaenOns a celebrar o último fin de semana de Agosto na Illa (do 26 ao 28), e pedímosvos a vosa colaboración, como vén sendo habitual para devolverlle á Illa ese ambiente que cada vez é máis difícil de atopar nela, demostrándolle á dirección do Parque que seguimos coa nosa intención de que non se converta nun destino meramente turístico e masificado, e que as nosas actividades forman parte da historia e idiosincrasia de Ons, así como o mantemento da zona de acampada como un servizo público e non a convertan nun mero negocio.


Aproveitaremos ademais para recordar ao amigo Camilo (DEP)


Esperamos contar coa vosa arte e presenza.


Se estades interesados en participar (música, circo, talleres, artesanía, etc) enviádenos vía mensaxe privada ou ao mail da asociación os vosos datos e que podedes ofrecer para poder elaborar a lista(*) que se entregará ao Parque. A ver se temos sorte e concédennos máis prazas que o ano pasado e así non queda ninguén fose.


Se tendes contacto con aqueles que adoitan vir colaborando connosco ou de alguén máis que queira facelo, por favor facedello saber.


*Os que se inclúan na lista de colaboradores disporán praza na acampada e desconto no barco. Incluíde os vosos datos: Nome completo,DNI e teléfono de contacto, así como día de entrada e de saída.